top of page

Novas

Presentación da Asociación Nós no marco do Curtugal.

Asociación Nós.

Asociación de Casas Museo e
Espazos Literarios de Galicia.

O xerente da fundación pontecesá foi nomeado presidente desta nova entidade, que aglutina 27 asociacións de toda Galicia. No acto celebrado no marco da feira Culturgal, fíxose lectura da Declaración de Celanova, asináronse simbolicamente os Estatutos e reflexionouse sobre as diferenzas entre as diferentes entidades. «No noso caso, fixemos fincapé na importancia do traballo coa canteira, coa xente de base. Intentamos que a xente participe dende idades temperás», apuntou Varela, que estará acompañado na directiva por Anxo Angueira (Fundación Rosalía), Antonio Piñeiro (Curros Enríquez), Susana Reboreda (Otero Pedrayo), Alberto Ansede (Manuel María) e Uxío Novo (Uxío Novoneyra). Unha constelación de estrelas da literatura galega que Varela terá a honra de comandar: «Dá algo de vertixe [asumir esta responsabilidade], pero toda mención que se faga á Fundación Pondal será unha mención á Costa da Morte, e iso é motivo de orgullo», di Varela.

#CulturaFEP
c26j3106.jpg

Busto dos Bos e Xenerosos na sede da fundación.

15 Anos

A Fundación Eduardo Pondal
cumpre 15 Anos de Vida.

Un día de festa por cada ano de vida: a fundación pontecesá está de aniversario. Foi o 13 de decembro do 2008 un día de festa para O Couto, pois logo de cinco longos anos de tramitación, abriu as súas portas unha entidade que co paso do tempo se acabaría volvendo crucial para a dinamización cultural e social desta pequena vila pontecesá. A Fundación á que unha multitude de veciños deu entón unha agarimosa benvida, festexará ao longo desde mes de decembro os seus quince primeiros anos de vida. E farao, como non, con quince días de festexos: un por cada ano completado. O venres 15 de decembro a clausura da Casa da Muller. Para o sábado 16, Cova Céltica, coa presentación da reedición do libro de Xelucho Abella “Gundar e o cabalo de oito patas”O luns 18 Obradoiro de emprendemento co alumnado de FP do IES de Ponteceso, e o martes 19, un roteiro en bus guiado por Xosé Manuel Varela. Lembranza ás pandereteiras de Mens co alumnado do CEIP de Corme e da Unitaria de Mens, lembrando a Ramona Pensado con Pablo Díaz e Olga Kirk. O mércores 20 ás celebracións co Día do Himno Galego. O xoves 21 toca cita solidaria e sesión de arrolos. Ademais, do 22 ao 29 e do 2 ao 5 de xaneiro, a Fundación abre a súa Escola de Inverno.

#CulturaFEP
391768025_632701475705684_501447294438704844_n.jpg

Imaxe da clausura, O teu talento o meu futuro.

"Os tempos son chegados".

O teu talento o meu futuro.

O teu talento, o meu futuro é unha proposta dirixida a voluntarios que superan os 55 anos e que non teñan ocupación e a menores de 35 con inquedanzas e curiosidades. «O obxectivo é aproveitar o talento e a experiencia das persoas maiores voluntarias implicadas para contribuír a xerar máis oportunidades para a mocidade», describen. Aínda máis, oportunidades axeitadas ás necesidades do rural. Un fortalecemento, pois, da conexión interxeracional, dos anos como activo a valorar e da transferencia de saberes, dentro de dúas liñas acaídas ao potencial que ten Ponteceso: agroalimentación e turismo. No caso da agroalimentación, farase fincapé na promoción do turismo rural a través da arqueoloxía e a ornitoloxía. Exercerán como «mentores maiores» Ana María Romero Masiá, arqueóloga; Evaristo Domínguez, mestre xubilado, e Xosé Luís Rabuñal, ornitólogo. No caso do turismo, a idea é pulsar iniciativas con posibilidades de mercado na transición cara unha economía circular e sostible, mediante a agroecoloxía e a costura. 

#CulturaFEP
IMG_3346 2.HEIC

Imaxe da clausura, O teu talento o meu futuro.

"Os contos das
risas serias.

Cova Céltica. Carlos O Xestal

Carlos Díaz Gestal, O Xestal, naceu na Coruña o 8 de agosto de 1933. O seu descubrimento artístico tería lugar na romaría de Santa Margarida no ano 1949. A partir de aí actuou por primeira vez na emisora Radio Juventud de Galicia e iniciou a súa carreira musical como barítono no coro Brétemas e Raiolas. Como cantante e/ou instrumentista formou parte dos gaiteiros Os do Couto, Cántigas da Terra, Follas Novas, Toxos e Froles, Os Mariñáns, Os Calristas, Os Perilláns, a Orquestra 1910 ou o Ballet Galego Rey de Viana, como recolle Xohán Xabier Baldomir no seu libro. Co Grupo Folklórico O Xestal interpretou por primeira vez a Marcha solemne do Antigo Reino de Galicia no ano 1968. O seu éxito consolidouse entre finais dos anos 50 e principios dos 60, grazas ao éxito que obtivo no programa de Radio Nacional de España “Desfile de estrellas”. Ademais de colaborar nesta emisora durante anos, tamén o fixo coa Televisión de Galicia e, ata a súa morte, con Antena 3 de Bergantiños.

#CulturaFEP
CN19C6F3_11425.jpg

Jaime na lareira da fundación.

"De función pública".

Jaime Izquierdo Vallina

De función pública é unha recompilación de artigos escritos no últimos vinte anos a partir de historias locais que falan do traballo intelixente das comunidades campesiñas na conformación do campo e a paisaxe rural ou da conservación da natureza a través da cultura do territorio. Todo ese valioso patrimonio acumulado e afinado ao longo dos séculos foi desbaratado polo pensamento urbano e polos modos industriais de produción, hexemónicos no mundo para partir do século XX. O mundo vai mal, entre outras razóns, porque xa non están ao seu coidado, en termos de función pública territorial, os campesiños. E a menos que atopemos un modo para que regresen, para que volvan facerse cargo da atención do campo, da natureza e da alimentación de proximidade, as cousas irán peor. A deshumanización e o desarraigamento, entendidos como a separación dos seres humanos da terra —do humus e do lugar— e a nosa incapacidade para construír colectivamente un mundo máis habitable.

#CulturaFEP
bottom of page