top of page

Proxectos

IMG_3346.HEIC

Cova Cética

Cova Céltica é o nome que recibía o faladoiro que mantiñan desde 1893 un grupo de intelectuais galegos de ideoloxía rexionalista, quen se reunían na librería de Uxío Carré Aldao na Coruña a fin de debateren sobre temas relacionados con Galiza. A Fundación colle o relevo e desenvolve a actividade denominada “Cova Céltica” na que se reúnen persoeiros para charlar sobre unha temática determinada.

C17Y3129.jpg

Bos e Xenerosos

Os Premios Bos e Xenerosos que pretenden pretenden recoñecer o compromiso e a defensa da lingua e a cultura galegas, así como a contribución á recuperación de tradicións e á difusión da identidade. Grandes nomes como:  Isaac Diaz Pardo, Anisia Miranda, Xosé Neira Vilas, Bernardino Graña, Avelino Pousa Antelo, Xesús Alonso Montero, Antía Cal Vázquez, Xosé González Martínez, Mercedes Peón, Xosé Vizoso, Víctor Freixanes, Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López, Guadi Galego, Dolores Vilavedra, Susana Seivane, Felipe Senén...

_DSC9449.jpg

Festiletras

As Festiletras naceron na Aldea do Couto en 1982, como un espazo para todos, un reflexo da nosa tradición cultural. Desde os seus inicios, propuxémonos construír un espazo con capacidade para acoller e dar conta da cultura Galega como un dos nosos valores fundamentais. Traballamos para garantir, a persoas de todas as idades, unha experiencia positiva e enriquecedora. Por iso unha das tarefas das que sentimos máis responsables desde a organización é de actuar como unha gran xanela á cultura tanto presente como emerxente. 

IMG_9520.jpg

Literatas

As protagonistas son as mulleres do rural. Permite a comunicación, o encontro e o empoderamento da muller rural. Poetas, copleiras ou contadoras das súas propias historias participan neste encontro: Dolores Macías, Matilde Vilariño, Asunción Vila, Teresa Reigía...Avance, ilusión, emoción, música, regueifa, poesía, lembranzas, recoñecemento, bicos de mel... O Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega particpa gravando a iniciativa que ten por nome :Non des a esquecemento.

_DSC9578.jpg

Aldeas Singulares

Nun intento de contribuir á dinamización económica da aldea de O Couto e contaxiala a otros lugares do concello de Ponteceso e da Costa da Morte. Para iso, desde esta entidade organizamos un ano más un encontro de aldeas singulares. Iniciativas rurais que teñen traballado algún aspecto cultural, social, demográfico, económico e que supuxo un cambio na súa idiosincrasia, atraendo capital externo, incrementando a súa poboación, actuado como modelo de actuación sostible, etc.

IMG_9296.jpg

Escola de Verán

A Fundación Eduardo Pondal vén organizando desde a súa creación como cada verán a Escala de Verán destinada a nenas de entre 3 e 16 anos. Esta iniciativa rexistra cada ano un gran éxito de participación xa que proporciona atención e formación, a través dun equipo de monitores formado especificamente para esta acción, a nenas que proceden dos catro concellos da contorna e tamén doutras localidades que están a pasar as vacacións aquí, en Bergantiños. O pasado ano 2022, participaron nesta iniciativa máis de 250 nenas de entre estas idades que estiveron atendidos por 30 monitoras e monitores.

bottom of page