top of page

Val Nativo

A ruta pondaliana “Val nativo” posúe como obxectivo fundamental difundir a figura de Eduardo Pondal a todo tipo de persoas, desde o público escolar ata calquera persoa que teña un mínimo interese polo coñecemento do contorno. Ten o seu inicio no centro da vila de Ponteceso, á beira das augas do río Anllóns, a casa natal do poeta e do monolito pondaliano. Desde aquí, transítanse rúas, agras, rueiros e camiños que levan o camiñante cara ao cume do Monte Branco ó longo duns catro quilómetros de percorrido ida e volta. É un itinerario que se pode realizar a pé, en bici ou en coche, neste caso cunha pequena variante.

casa_pondal_menhir.jpg

"Ao longo de todo o percorrido podemos contemplar elementos duo gran interese
cultural e paisaxístico".

A ponte e o río Anllóns, a casa natal do poeta, o monolito pondaliano ideado polo galeguista Isaac Díaz Pardo, A vila de Ponteceso, a Casa do Concello pontecesá, a corredoira dos Veleches, os barrancos da Bouza, o castro de Cerezo, a Casa dos Veciños da Asociación Cultural Monte Branco, a igrexa de San Tirso de Cospindo na que se bautizou o poeta, a Fundación Eduardo Pondal, a aldea do Couto coas súas prazas, ruelas e elementos de arquitectura rural, o pozo da Señora, a enseada da Insua coa súa flora, fauna e xeografía e por último, o Monte Branco.

"O roteiro Val Nativo transcurre dentro

dun espazo natural

de gran riqueza ornitolóxica".

O roteiro está sinalizado cunha serie de menhires de dous tamaños obra do escultor Anxo Cousillas e deseño de Adrián Varela. Cada menhir leva un breve texto literario pondaliano que describe o espazo no que está emprazado. Á parte dun verso pondaliano, inclúese a silueta da súa cara marcando a dirección correcta do viandante e o logotipo do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte. Os menhires recrean simbolicamente ese mundo poético pondaliano baseado nun pasado céltico glorioso onde Breogán era o caudillo.

132597616_411412319941529_729373229401799816_n.jpg

“Habería que
poñer no Monte Branco unha
escola da beleza”.

Manolo Rivas.

bottom of page